luns, 8 de xuño de 2020

SUXESTIÓNS 5 ANOS


HOLA NENOS E NENAS:
ESTA SEMANA QUEREMOS PEDIRVOS UN ENCARGO MOI ESPECIAL.  ESTAMOS ELABORANDO A REVISTA DIXITAL COKIÑA DO COLE E, COMO SODES OS MAIORES, PARTICIPAREDES NA SÚA PORTADA.
 XA SABEDES QUE ESTA SEMANA CELEBRARÍAMOS A  FESTA DA COCA PERO POR MOR DO COVID-19 NON SE PODE  FESTEXAR, POLO QUE  ELA ESTÁ MOI TRISTE.
O QUE TEDES QUE FACER É ENVIARNOS Ó CORREO DO COLE UN DEBUXO NO QUE A COCA ESTEA MOI TRISTE NA SÚA CASA.
É MOI IMPORTANTE QUE PARTICIPEDES PARA QUE SE POIDA ELABORAR ESA PORTADA.
ÁNIMO, SEGURO QUE O FAREDES XENIAL !
PARA SABER UN POUCO MÁIS…
A lenda da Coca
Redondela e unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiro Xan Carallas e da Coca.
Fai moitos anos, na desembocadura do río Alvedosa, uns rapaces miraron  no río un dragón enorme de cor verde e cunhas ás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta.Quedaron todos paralizados polo medo.


De repente colleu unha rapaza coa boca, meteuse no río e desapareceu. Os rapaces novos da vila fixeron espadas para matar ao dragón. Todos a unha acabarían con el, e deixaría de levar as mozas da vila. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra del cravándolle as espadas e acabando coa súa vida.
Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas, as mulleres collían as mozas poñéndoas enriba dos seus ombreiros dando voltas ao son das gaitas, e dende ese día en Redondela celébrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son os grandes protagonistas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario