venres, 22 de abril de 2022


 

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS

Estimadas familias:

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública ven de publicar as directrices sobre o uso da máscara no ámbito educativo na comunidade autónoma de Galicia.

 

Situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara

As persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar.

 

Situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara

Débese ter en conta que nos centros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable.

 

Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos no ámbito educativo

Recoméndase especialmente para casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos o uso de forma constante da máscara e evitar actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade de 1,5 metros con outras persoas, evitar o contacto con persoas de grupos vulnerables e reducir todo o posible as interaccións con outras persoas. Estas recomendacións deberán aplicarse durante 10 días dende inicio de síntomas, dende o diagnóstico (no caso de persoas asintomáticas) ou dende a data do último contacto (no caso de contactos estreitos).

 

En calquera caso debe lembrarse a recomendación xeral de non asistir ao centro educativo se hai síntomas.

 

Estamos a vosa disposición para calquera dúbida. Gracias pola vosa colaboración.

 

Un saúdo

EEI A Marisma