luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ

Celebramos ó día da Paz mediante a elaboración das mans con mensaxes en galego para fomentar o galego e recordarnos que a paz está nas nosas mans!




 








martes, 18 de xaneiro de 2022

PLAN PROXECTA




 

O plan proxecta ten como obxectivo potenciar o consumo de froitas e leite entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos.

Este programa está incluído dentro do Plan Proxecta que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos da administración autonómica (neste caso o FOGGA) dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.