domingo, 1 de novembro de 2020

SEIS BARBUDOS

Con este conto de Mar Pavón quixemos  aprender que non é bo deixarse levar por primeiras impresións e prexuízos inxustos.

Traballamos  diferenzas físicas (porque é o primeiro que vemos)  para saber  se  influían en ser boa  ou  mala persoa…

Tamén distintas profesións  porque entraban en diferentes tendas  e preguntabámonos  se algún traballo  era máis importante  que outro  e por que.

Pensamos en alguén importante para nós e por que.

Completamos  con debuxos ,a retroconta dende o 10  (cada vez quedaba 1 barbudo menos) ,vocabulario novo  e finalmente tod@s quixemos ser coma eles  así que fixemos o noso  pelo de punta e as barbas negras  para  que houbera barbud@s  en moitas casas de Redondela. 




OS SEIS BARBUDOS (VER CONTO)