xoves, 29 de setembro de 2022

E REMATA SETEMBRO...

 @S CATIV@S DE 3 XA SE ADAPTARON AO COLE E POUQUIÑO A POUCO VAN ENTRANDO NAS DINÁMICAS DA AULA



APROVEITANDO  O BO TEMPO @S NEN@S  DE 5 FORON MERENDAR NA PRAIA E QUE MELLOR OPCIÓN QUE COLLER O TREN TURÍSTICO




E POR FIN, O ALUMNADO DE 4 ANOS MARCHOU A CASTRELOS!!!










mércores, 7 de setembro de 2022

REUNIÓN URXENTE DE NAIS E PAIS DE EEI A MARISMA

 REUNIÓN URXENTE DE NAIS E PAIS DE EEI A MARISMA

Estimadas familias:

Enviámosvos esta circular para informarvos de que a anterior Xunta Directiva da ANPA cesou nas súas funcións, polo que foi necesario renovar a Xunta Directiva da ANPA de urxencia.

Conscientes do importante papel que xoga a Asociación no desenvolvemento de iniciativas para mellorar a calidade educativa dos nosos fill@s, cómpre reconstituír este novo ANPA. Este proceso está aberto a TODOS as nais e pais que queiran participar.

Ante o inminente inicio do curso, vémonos obrigados a convocar unha reunión URXENTE para todas as nais e pais. Convidámosvos á próxima reunión o luns 12 de setembro ás 17:00 horas no Edificio da Policía Local (Comedor escolar).

Dentro da ANPA realízanse actuacións moi diversas tanto a nivel persoal como económico; ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, PLAN MADRUGA, COMEDOR, etc. É moi IMPORTANTE asistir á reunión, para poder acceder e coñecer o funcionamento destes servizos. Todas estas cuestións serán tratadas na reunión e presentaranse as contas da antiga Xunta Directiva. Por todo isto, rogamos asistencia.

SAÚDOS.