ANPA

ANPA A MARISMA

 

1.           PRESENTACIÓN

 

A Asociación de nais e pais A MARISMA é unha asociación voluntaria de nais, pais e titores legais do alumnado da EEI A MARISMA que comparten inquietudes e están dispostos a traballar e colaborar coa comunidade educativa.

 

A función da ANPA é axudar ao servizo escolar, realizando diferentes actividades (festas como Samaín, magosto, nadal, fin de curso ..., excursións...) e poñendo en funcionamento novos servizos ou mellorando os existentes (Plan madruga, Servizo de comedor, Autobús escolar ...).

 

A Xunta Directiva, xunto cos voluntarios/as que desexen colaborar, dentro das súas posibilidades e de maneira desinteresada, dedican parte do seu tempo e moito esforzo a representar as nais, pais e titores legais ante os órganos municipais e ante a Dirección e o Profesorado da Escola, cos que colaboramos en beneficio da educación dos nosos fillos/as.

 

A ANPA recibe aportacións por parte dos asociados/as, doazóns ou subvencións que poidan conceder organismos públicos, entidades privadas ou particulares...

Todos os beneficios obtidos destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos seus fins e o estado de contas estará a disposición dos asociados/as.

 

 

Estamos abertos a novas propostas e todo o que queira pode colaborar connosco, facéndose membro da asociación. Así mesmo, tamén se pode axudar participando coma voluntario/a na montaxe e realización de festas, decoracións, …

 

Toda a axuda é necesaria para o bo funcionamento da Escola e dos servizos que se ofrecen.

 

 

2.           SERVIZOS

 

A través da ANPA ofértanse os seguintes servizos segundo as necesidades das familias:

 

Plan madruga: horario de entrada flexible, entre 7.45 – 9.00 h.

Os nenos/as deben vir almorzados da casa.

Este servizo ofrécese a través dunha empresa especializada neste tipo de servizos.

 

Servizo de comedor: horario entre 14.00 – 16.00 h.

Os nenos/as deben ser recollidos, como máximo, 5 min. antes do peche do comedor.

Deberán traer un mandilón debidamente etiquetado co nome do neno/a.

Este servizo ofrécese a través dunha empresa especializada no servizo de Catering.

Existe a posibilidade de solicitar unha axuda de Comedor escolar dentro do prazo establecido pola Concellería de Servizos Sociais do Concello.

 

Autobús escolar: serán informados na Escola dos horarios e paradas que realiza o autobús.

 

 

Durante a prestación destes servizos é necesario que o neno/a leve máscara e portamáscara.

Estes servizos poderán solicitarse para todos os días da semana, determinados días da semana ou días esporádicos. Neste último caso, solicitándoo coa antelación mínima establecida.

 

As nais, pais e titores legais interesados nestes servizos deben cubrir o formulario de Solicitude de praza de servizos que se pode descargar no apartado ¨MODELOS¨ da ANPA e enviar por correo electrónico a: anpa.eeiamarisma@gmail.com ou entregar na Escola.

 

Unha vez confirmada a praza no Servizo de comedor deberán cubrir o formulario de Autorización recollida de comedor que se pode descargar no apartado “MODELOS” da ANPA e enviar por correo electrónico a: anpa.eeiamarisma@gmail.com ou entregar no local do comedor.

 

Nos Servizos de Plan Madruga e de Comedor, se hai máis familias que soliciten os servizos que prazas dispoñibles terán preferencia os que xa son usuarios, os que vaian todos os días, os que teñan irmáns/ás,...

 

IMPORTANTE: para acceder a estes servizos é NECESARIO SER SOCIO/A DA ANPA.

 

 

3.           SOCIO/A ANPA A MARISMA

 

Poderán ser integrantes da ANPA todas aquelas nais, pais ou titores legais do alumnado inscrito na Escola que  aboen as cotas acordadas no prazo estipulado.

 

A cota consta dunha aportación de 20€ anuais por neno/a (2º alumno irmán/á 10€) que debe ingresar no seguinte número de conta:

ABANCA: ES83.2080.5209.4230.4000.2219

 

IMPORTANTE: Indicar en concepto: Nome/Apelidos do neno/a e curso ao que pertence (4º, 5º, 6º).

 

Transcorrido o prazo estipulado para ser socio/a da ANPA, as nais, pais ou titores legais que desexen ser socios/as deberán realizar o ingreso da cota anual na entidade bancaria e comunicalo á ANPA a través do seu correo electrónico (anpa.eeiamarisma@gmail.com).

 

 

Os socios/as da ANPA A MARISMA poderán obter descontos en determinados establecementos, centros e clubs deportivos de Redondela que colaboran coa ANPA A MARISMA.

Esta información será entregada co carné de socio/a.

 


4.           MODELOS

 

·   Solicitude de praza de servizos

·   Autorización recollida de comedor

FICHA SOCIOS ANPA DESCARGAR AQUÍ





CURSO 2023 / 2024





XORNADAS PORTAS ABERTAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES