martes, 14 de xaneiro de 2020

Saltimbanquis na clase de Estimulación da Linguaxe



Para un desenvolvemento axeitado da linguaxe son necesarias unha enorme cantidade de requisitos complementarios que contribúen á súa evolución. Por iso, nas sesións de estimulación... Tratamos de ter sempre un ratiño para actividades como esta! 😄👏

En que consiste?

A priori, o xogo é moi sinxelo: 4 xogadores, onde se establecen grupos de 2 persoas. Un é o guía, que vai saltando de cor en cor, e o seu compañeiro debera seguilo saltando ás mesmas cores.

Ademais, como regla establecemos que non se pode pisar o chan, debendo cooperar entre todos para non chocar.


Que aspectos traballamos?

Neste xogo se traballan múltiples contidos tales como:
  • Funcións executivas: necesarias para regular e controlar a conduta (planificacion, razoamento...)
  • Atención selectiva e sostida, debendo prestar atención soamente ás cores que vai pisando o compi asignado ata iniciar unha nova ronda.
  • Motricidade global, como os saltos.
  • Simetrías, debendo saltar á cor que está paralela á do seu compañeiro.
  • Habilidades sociais: como a cooperación, o coñecemento e respeto das regresas sociais.
  • Pragmática: tamén resulta fundamental o Uso Social da Linguaxe (verbal e non verbal) para comunicarse e colaborar entre todos, animar ao compañeiro/a ou por exemplo facer indicacións cando sexa necesario. 
En definitiva, un montón de cousas que podemos traballar con tan solo unhas cantas cartulinas e un pouquiño de cinta adhesiva. 🙈