domingo, 31 de maio de 2020

PARABÉNS


SUXESTIÓNS 5 ANOS


BOAS NEN@S! ESTA SEMANA QUEREMOS QUE VOS CONVIRTADES EN DETECTIVES. NON PRECISADES TER UNHA LUPA, SÓ TENDES QUE ESCRIBIR A PRIMEIRA LETRA DE CADA DEBUXO E DESCUBRIREDES A MENSAXE SECRETA




AGORA OBSERVADE OS DEBUXOS DE ARRIBA E ATOPADE:
  • UNHA PALABRA QUE REMATE EN U
  • UNHA PALABRA QUE REMATE EN L
  • DÚAS PALABRAS QUE EMPEZAN E REMATAN COA MESMA LETRA

ATREVÉDEVOS CON OUTRA?



SE QUEREDES SEGUIR DESCUBRINDO PALABRAS SECRETAS, MIRADE OS SEGUINTES ENLACES:
https://www.youtube.com/watch?v=cZJjA5bHpfQ

TAMÉN PODEMOS ESCRIBIR A NOSA MENSAXE SECRETA UTILIZANDO TINTA INVISIBLE. PARA FACELA PRECISADES:
·         EXPRIMIR UN POUCO DE LIMÓN,
·         MOLLAR UN PINCEL OU BASTONCILLO DOS OÍDOS NO LIMÓN
·         ESCRIBIR ALGO NUNHA FOLLA BRANCA,
·         DARLLA A UN MAIOR PARA QUE PASANDO A PRANCHA DESCUBRA A VOSA MENSAXE.
MIRADE ESTE VÍDEO PARA ENTENDELO MELLOR:

E AGORA IMOS BAILAR CON MAMÁ CABRA:

PASALO MOI BEN. VÉMONOS PRONTO!!!



















SUXESTIÓNS 3 ANOS


NIVEL DE 3 ANOS
PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA.






Esta semana deixámosvos unha adaptación do conto “Margarida branca”, coas voces das vosas mestras titoras. Esperamos que o disfrutedes !!







Debemos ter en conta que na vida dos seres vivos é imprescindible a  auga e a luz do sol, ademáis dos amig@s!

MANUALIDADE: que vos parece usar a plastilina e facer as personaxes do conto?
- A Margarida Branca:











- O caracol Ramón:



- Unha abella, unha bolboreta, un vermiño…:







E coma sempre animámosvos a que nos enviedes fotos ao correo do cole: eei.marisma@edu.xunta.es co voso nome, que despois compartimos no blogue de Cokiña para que todos poidan ver que chulas vos quedaron.

Agora a disfrutar e a mover o voso corpo coas seguintes cancións de Bichikids:
- https://www.youtube.com/watch?v=WZ4HTMqkCBg
- https://www.youtube.com/watch?v=48TeKRPo7DI
Y La primavera llegó: https://www.youtube.com/watch?v=hbUro-BSJFc

Para traballar contidos matemáticos, a atención, a grafomotricidade e a lecto-escritura propoñémosvos as seguintes actividades para facer en papel (premede na imaxe para descargar):
     ATENCIÓN PAPÁS e MAMÁS! Nestas fichas podedes axudar a nenos e nenas a traballar a lecto-escritura axudándolles a escribir os nomes dos bichiños ou dalgunha das cousas que aparecen, poniendo en todas o seu nome,…

Recordámosvos que o fagan con letras maiúsculas.














     Agradecemos moito a participación dos que facedes as propostas e nos enviades a foto.
     Encántanos ver o moito que traballades e vervos a vós!!!



sábado, 30 de maio de 2020

SUXESTIÓNS 4 ANOS


                 
 OLA  CHICAS  E   CHICOS!!!!!!   ESTE CURSO TAN  RARO  ESTÁ CASI
CASI  REMATADO E  COMO XA NOS DEIXAN SAÍR A RÚA  BASTANTE
MÁIS TEMOS  QUE  APROVEITALO.
PERO  CANDO  TOQUE  ESTAR  EN  CASA  PODEMOS  SEGUIR 
FACENDO  COUSIÑAS 
  1.   QUE  SE PODE  FACER  CUNHA  CAMISETA  E  CERAS?
         
  2.   QUE FACÍAMOS NO COLE?
  3.   CADA  VEZ  VAI  FACER  MÁIS  CALOR .APRENDEMOS  A  FACER  RIQUÍSIMOS  XEADOS?  É  MOI  FÁCIL.


XA  SABEDES  QUE  PODEDES  MANDAR  FOTOS  DE  TODO  O  QUE 
FAGADES.

                     ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡  ATENCIÓN !!!!!!!!!

QUE  VOS  GUSTARÍA  FACER?  QUEREDES  QUE 
POÑAMOS  ALGO  QUE  VOS  GUSTE  MOITO?  DE  TODAS  AS 
ACTIVIDADES  QUE  PUXEMOS  CALES  VOS  GUSTARON 
MÁIS? PEDIRNOS  O  QUE  QUEIRADES  E  POÑÉMOLO  DE  ACORDO?

venres, 29 de maio de 2020

COMO TRABALLAN!













Que chulada Damián!





Hugo traballou moito!






A eiruga de Pablo


Aina coa súa irmá Vega





luns, 25 de maio de 2020

FOTOS



Julia fixo unha bolboreta así de preciosa:



Aquí vemos como traballou Hugo facendo flores:


Gloria xogando e coa súa bolboreta:






 Amanda realizou esta obra de arte titulada:  "papá nadando


Aina e as súas creacións:


 Mirade a bolboreta de Carmen:

Hadriana elaborou unha flor con macarróns:


Mirade como traballou Hugo: