luns, 23 de marzo de 2020

SUXESTIÓNS III

1



                             
        






  canción-con-pictos





   



2      A intelixencia emocional, unha estratexia clave para os momento de crise
As nosas nenas e os nosos nenos non son alleos a alarma social que estamos vivindo. Esta situación xera neles angustia, incertidume, malestar emocional, tristura, incluso estrés e ansiedade. Reciben información por moitas canles e pola súa idade inda non contan con criterios claros para poder comprender o significado da situación real que estamos vivindo a nivel mundial.
Nestos momentos, podemos aproveitar para mellorar as estratexias de intelixencia emocional e para que adquiran maiores niveis de tolerancia a frustración e resilencia, cualidades que beneficiarán ao noso alumnado a longo prazo no seu desenvolvemento integral para enfrentar os retos da vida diaria e especialmente momentos de crise, como o que estamos vivindo.
Para isto, dende o Dpto. de Orientación, vos propoñemos realizar diferentes actividades e xogos así coma seguir algunhas pautas, que consideramos de grande utilidade para poder vivir estos días dunha maneira positiva e enriquecedora no ámbito emocional, familiar e social.

Algunhas pautas básicas:
  1. Falarlles con franqueza e sinceridade en relación á situación, esto xenera confianza e seguridade neles
  2. Utilizar unha linguaxe adaptada a súa idade con termos e datos científicos
  3. Ser o máis científicos e rigorosas posibles utilizando fontes fiables, non vale de nada dar datos falsos ou alarmistas, xeran sentimentos de ansiedade e preocupación nos máis pequenos
  4. Explicarlle as recomendacións da OMS e dos servizos sanitarios en relación as medidas de prevención e de precaución e acompañalos na aplicación das mesmas de xeito diario
  5. Escoitar as súas dúbidas e tentar darlle unha resposta clara así coma variar os temas de conversación
En relación aos aspectos emocionais:
  1. Identifica cos teus fillos/as pensamentos que poidan xerarlle malestar, se identificamos cales son podemos darlle respostas e mellora o seu estado emocional.
  2. Recoñece as túas emocións e as súas e acéptaas. Non hai emocións malas nin boas, todas nos axudan a adaptarnos a realidade
  3. Intentade manter unha actitude optimista e alegre, manter unha boa saúde emocional axuda a manter unha mellor saúde física



#RetoMindfulness
Imos propoñer unha rutina diaria de Mindfulness... queres acompañarnos neste #RetoMindfulness....!!
A meditación combinada coa relaxación é unha ferramenta que se centra en tomar conciencia dun mesmo, pensar máis no presente e buscar solucións para o aquí e o agora.

#RetoMindfulness1

Podemos comezar escoitando este vídeo en Youtube e seguindo o que nos indican...así de doado!!
Clika aqui para ir....

3


4  a bailar




5 IMOS FACER ALGO DE MÚSICA




















6 XOGOS EDUCATIVOS




ENLACE AQUÍ

















7





















8


9 OS CONTOS DO CAMIÑO




AQUÍ









10 MINIONS CON PICTOGRAMAS

MINIONS


11.  APP de Xabarín da Televisión de Galicia. 

 http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg

Ningún comentario:

Publicar un comentario