venres, 28 de outubro de 2022

MERENDAS TERRORÍFICAS

 GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS QUE PARTICIPARON NA ACTIVIDADE.

AQUÍ UNHA PEQUENA MOSTRA DAS DELICIAS TERRORÍFICAS










E AQUÍ ESTÁN AS CABAZAS GAÑADORAS!!!


CONCURSO FAMILIAR DE CABAZAS_SAMAÍN 2022/2023

Dende a ANPA da EEI A Marisma, estamos encantados coa boa acollida que tivo “O concurso familiar cabazas de Samaín” así que queremos agradecer a enorme participación por parte do alumnado e das súas familias.

Despois de unha difícil deliberación debido o grande nivel que tiñan todas as cabazas decidiuse dar dous premios por categoría e un diploma a todas as/os participantes.

Así os premios quedaron da seguinte maneira:

Na categoría de orixinal:

·       Diego 

·       Lucia 


FOTO ANPA

Na categoría de terrorífica:

·       Antón 

·       Xiana

FOTO ANPA

Na categoría divertida:

·       Olivia 

·       Breixo

FOTO ANPA



 




CONTOS DE MEDO PARA MORRER COA RISA

 DURANTE ESTA SEMANA FOMOS AO RECANTO DE SAMAÍN LER CONTOS DE MEDO.

QUE TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDO É LER!!!!!!!











3, 2, 1....CASE ESTÁ

 EN BREVE SABEREMOS AS CABAZAS PREMIADAS









GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN


xoves, 27 de outubro de 2022

RICO RICO E CON FUNDAMENTO

 ESTA SEMANA TIVEMOS UNHA ACTIVIDADE DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE EN COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DO MAR. QUE RICO O BOCATA DE QUEIXO, LEITUGA, TOMATE E UNHAS DELICIOSAS CONSERVAS DE SARDIÑAS PARA CHUPAR OS DEDOS!!!

AQUÍ TEDES UN BREVE GIF DA ACTIVIDADE


FAI CLIC AO TEU BOCATA!!!

martes, 25 de outubro de 2022

MERENDAS TERRORÍFICAS 2022

PARA O VENRES 28 PODEDES ELABORAR COS VOS@S CATIV@S UNHA MERENDA TERRORÍFICA PARA TRAER AO COLE.
AQUÍ TENDES ALGUNHAS SUXESTIÓNS...





 

luns, 17 de outubro de 2022

CONCURSO FAMILIAR CABAZAS DE SAMAÍN (ACTUALIZADO MARTES )

 ESTE CURSO A ANPA DO COLE ORGANIZA UN CONCURSO DE CABAZAS. 

PREMEDE NA FOTO PARA LER AS BASES DO CONCURSO.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!



domingo, 9 de outubro de 2022

TEMPO DE VENDIMA E DEBULLAR O MILLO

 APROVEITANDO QUE TEMOS UVAS E MILLO @S CATIV@S DE 4  FIXERON UN RICO MOSTO E UNHAS BONECAS DE MILLO.

TAMÉN APROVEITARON OS GRANS PARA CONTAR, FACER LETRAS E DEBUXOS CREATIVOS.











venres, 7 de outubro de 2022

FESTA DA AMIZADE

 @S MAIORES DO COLE DÁMOSLLE A BENVIDA @S MÁIS PEQUEN@S.

CANTAMOS E BAILAMOS AO RITMO DE "CANTARELA DOS NENOS" E DE UXÍA LAMBONA.

TOD@S DISFRUTARON DO SEU PRIMEIRO PATIO XUNT@S.







xoves, 6 de outubro de 2022

WELCOME MAYNARD!!!

CON OUTUBRO COMEZAN AS ESPECIALIDADES. ESTE CURSO TEMOS A GRAN SORTE DE CONTAR CON MAYNARD, AUXILIAR DE CONVERSA DE LINGUA INGLESA , QUE ESTARÁ CON TODO O ALUMNADO.