luns, 30 de setembro de 2013

XOGOS PARA 4 ANOS !!!

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNS ENLACES A DIFERENTES ACTIVIDADES ,SOBRE TODO DE MATEMÁTICAS ,COS QUE ÍMOS TRABALLAR ,ENTRE OUTROS ,NAS CLASES DE 4 ANOS.
 PINCHAR AQUÍ:

http://www.symbaloo.com/mix/mates62

domingo, 29 de setembro de 2013

A FORMIGA BRINCADEIRA DE 3 ANOS !!!



Esta semana comezamos a traballar cos nenos a canción de “O mercado” de Maria Fumasa que polo visto está grabado nunha tenda de Redondela.



Nun folio tamaño A-3 aparece a formiga da que trata a canción.



1ºPicanos nun pé entón poñemoslle gomets circulares azuis a modo de zapatos.

2º Pícanos no cú entón con pintura de dedos vermella deixamos pegadas no cú da formiga.

3º Pícanos na man entón con rotulador amarelo facemos puntos nas mans da formiga.

4º Picanos nas orellas entón con gometes verdes circulares poñemoslle antenas que son as orellas da formiga

5º Pícanos no nariz entón pintamoslle o nariz a formiga e ademáis coloreamos o sol e o chan.

6º Por detrás debuxan a súa propia formiga.

venres, 27 de setembro de 2013

SAÍDA DE OUTONO

OS NENOS-AS DE 4 E 5 ANOS SAÍMOS ARREDOR DO COLE PARA VER AS ÁRBORES E OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NELES COA CHEGADA DESTA ESTACIÓN

mércores, 25 de setembro de 2013

RECORTANDO !!!

NESTES DÍAS DE SETEMBRO COMEZAMOS EN 4 ANOS A EMPREGAR AS TESOIRAS E RECORTAR LÍNEAS RECTAS.
-PINTAMOS OS DEDOS PULGAR E CORAZÓN PARA COLLER BEN AS TESOIRAS.
-FIXEMOS XOGOS CON ELAS:CORTAR O AIRE ,ABRIR COMA A BOCA DO CROCODILO...
-CORTAMOS TIRAS DE XORNAL,REVISTAS .
-CORTAMOS POR UNHA RAIA ,RECORTAMOS E PEGAMOS FOTOS DE REVISTA.

sábado, 21 de setembro de 2013

UNHA EIRUGA !!!

O VENRES ATOPAMOS NO AREEIRO UNHA EIRUGA . ESTÁ  MOI  GORDIÑA  E GRANDE . ÍMOS  DARLLE  BEN  DE  COMER  PARA  OBSERVAR , SE  É POSIBLE , COMO  SE  CONVERTE  NUNHA  FERMOSA  BOLBORETA. 
OS  NEN@  ESTÁN  ENCANTADOS  CON  ELA   !!!
DEIXÁMOSVOS O CONTO "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA " VERSIONADA POR NEN@S.
E UNHAS ACTIVIDADES LIM DA PROFE PAULA CAMPOS DO CEIP RÍA DE VIGO


luns, 16 de setembro de 2013

UN ANO MAIS RECIBIMOS CON MOITA ILUSIÓN E AGARIMO ÓS NEN@S QUE COMEZAN ESTA NOVA ETAPA. DURANTE ESTES DÍAS ESTAMOS NO PERÍODO DE ADAPTACIÓN,QUE É ESE TEMPO QUE CADA NEN@ PRECISA PARA ADAPTARSE ÓS NOVOS ESPAZOS, ÓS COMPAÑEIR@S,ÓS NOV@S MESTRES... AQUÍ ESTÁN NOS SEUS PRIMEIROS DÍAS DE COLE. CONFIAMOS QUE MOI PRONTO TOD@S VEÑAN Á ESCOLA CUN GRAN SORRISO

xoves, 12 de setembro de 2013

A VOLTA Ó COLE!

BENVIDOS NEN@S, FAMILIAS E MESTRES A UN NOVO CURSO ESCOLAR. DESPOIS DAS VACACIÓNS O BLOGUE COMEZA TAMÉN A POÑERSE EN MARCHA PARA  MOSTRARVOS O DÍA A DÍA DA NOSA ESCOLA.

DEIXÁMOSVOS UN RESUMO DO NOSO PRIMEIRO DÍA DE COLE!

xoves, 5 de setembro de 2013

BENVID@S Ó CURSO 2013/2014

CON MOITA  ILUSIÓN  ESTAMOS POÑENDO TODO  EN  MARCHA  PARA   ESTE NOVO CURSO.ESTAMOS  RECOLLENDO  O  MATERIAL, COMO  VOS  INDICAMOS  EN  XUÑO,E RECIBINDO AS  FAMILIAS  E  NEN@S  DE  3   ANOS .
LEMBRADE   QUE   AS    CLASES  COMEZAN  O  MÉRCORES 11.
HORARIO:   4 E 5 ANOS   DE  9 A 14 HORAS.
                    3 ANOS   EN PERIODO  DE  ADAPTACIÓN.
DEIXÁMOSVOS  UN  PAR  DE  ENLACES  A  DOUS  ARTIGOS  QUE  PODEN  SER  ÚTILES PARA  AS  FAMILIAS  DE  NEN@S  QUE  SE  INCORPORAN  POR  PRIMEIRA  VEZ  Ó  COLE.
-"AL COLE POR PRIMERA VEZ " DE MIREN
http://laclasedemiren.blogspot.com.es/2013/09/al-cole-por-primera-vez.html
-"EL PERIODO DE ADAPTACIÓN ESCOLAR INFANTIL" DA  REVISTA  DIGITAL  DE  LA UNIVERSIDAD  DE PADRES ONLINE.
http://revista.universidaddepadres.es/index.php?option=com_content&view=article&id=655&Itemid=642

FELIZ CURSO PARA TOD@S!!!!!