luns, 20 de abril de 2020

TAREFAS NIVEL 4 ANOS 👌👌👌👌

Ola familias!!! isto está durando máis do que pensábamos e ,esperando que tod@s esteades moi ben, aportamos estas ideas con intención de ser unha axuda para levar mellor o tempo na casa e,á vez, non olvidar o traballado no cole. Sabedes que só traballamos con letras maiúsculas e dependendo da madurez de cada un@ “escribirán “ de xeito distinto. Non pasa nada. A nosa pretensión non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.

Con estas propostas entrenamos destrezas relacionadas coa coordinación, precisión, autocontrol, auto-concepto, disciplina, concentración, autonomía, orden....

Pelar ovos cocidos.
 • Cortar verduras.
 • Axudar a lavar/secar pratos
 • Servir as bebidas na mesa.
 • Poñer e quitar a mesa. 
• Colocar os cubiertos lavados.
 • Axudar a colocar a compra.
 • Axudar a tender a roupa. 
• Limpar os seus zapatos.
 • Prepararse pequenas merendas: iogurt con froita, un pequeno bocata, brochetas.... 
• Facer a cama . 
• Vestirse, desvestirse e levar a roupa ao cesto da roupa sucia. 
• Abrir e pechar envases. 
• Regar as prantas. 
• Encargarse da alimentación dos animais que teñamos na casa.
 • Utilizar un trapo para limpar.

Como adultos presentes debemos acompañalos nestas accións e daremos só a axuda necesaria, procurando non intervir demasiado. Algúns nenos e nenas só precisan que esteamos cerca.

2 comentarios: