mércores, 29 de maio de 2013

A COCA,FESTA GRANDE EN REDONDELA.!!!

O 30 DE MAIO É O DÍA DA COCA E NON TEMOS CLASE. ÏMOS DISFRUTAR COAS ALFOMBRAS,CABEZUDOS ,BAILE DAS PENLAS ,BAILE DAS ESPADAS ...E COMO NON ,COA COCA.
ESTES DÍAS CONTÁMOSLLES OS NEN@S A LENDA DA COCA .ASÍ É COMO ELES A IMAXINAN.

A lenda do dragón: A Coca

Esta é a lenda da Coca tal coma ma contaron a min os vellos que viñan ó bar dos meus pais. Redondela e unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiro Xan Carallas e da Coca.
No s. XVI , non se sabe a dat exacta, na desembocadura do río Alvedosa, cara a ría de Vigo, uns rapaces miraron como se no río, debaixo da auga, estivese fervendo unha ola do cocido xigante. Quedaron abraiados con aquilo, correndo polo camiño da portela cara a vila e mirando de reollo como, o que parecia unha ola do cocido xigante fervendo, seguia en movemento. Cando chegaron á rampla que había fronte á ribeira do peixe xa había unha morea de xente asustada, rezando os seus rosarios e pensando que aquilo era a fin do mundo.
Algo empezou a xurdir do fondo do río; era un dragón enorme de color verdosa e con un limo que lle esvaraba polo corpo, con unhas ás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta, como a punta que ten a vara de pescar carallotes ou navallas.
Quedaron todos paralizados polo medo mirando semellante aparición. Subindo pola rampla e bufando, movendo a cabeza a dereita e a esquerda, como se estivese buscando algo. De repente colleu unha rapaza coa boca pola cintura, meteuse no río e desapareceu. Coma se non pasara nada, os veciños resignados marcharon para as súas casas.
E desde ese momento todos os anos pola mesma data, a do Corpus Christi, deixábase unha moza na rampla para que o dragón (A coca) quedase satisfeito.
Ata que os rapaces novos da vila non aguantaron máis, aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos foron á Forxa de Baldomero e fixeron espadas para matar o dragón. Todos a unha acabarían con el e deixaría de levar as mozas da vila. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra del cravándolle as espadas e acabando coa súa vida.
Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas ainda ensanguentadas, as mulleres collían as mozas poñéndoas enriba dos seus ombreiros dando voltas ó son das gaitas. Os mariñeiros da vila sacaron viño e peixe seco con pan para todos....e desde ese día en Redondela celebrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son a gran celebración.

[Relato achegado por Xosé Manuel Cabaleiro Santos, de Catapeixe, Cesantes (Redondela), en febreiro de 2009]
 ASÍ É COMO EL@S A IMAXINAN.

martes, 28 de maio de 2013

martes, 21 de maio de 2013

FESTIVAL DE TÍTERES

O XOVES 16 ASISTIMOS A REPRESENTACIÓN DA OBRA:" LOS ANIMALES DE DON BALTASAR" DA COMPAÑÍA TEATRO TELONCILLO.

xoves, 16 de maio de 2013

xoves, 9 de maio de 2013

XOGOS PRIMAVERAIS.

COMO VIMOS FACENDO DURANTE O CURSO ,CADA MES TEMOS UNHA SEMANA ADICADA A XOGOS POPULARES NO RECREO .

xoves, 2 de maio de 2013