venres, 31 de xaneiro de 2020
xoves, 30 de xaneiro de 2020
martes, 14 de xaneiro de 2020
Saltimbanquis na clase de Estimulación da Linguaxe
Para un desenvolvemento axeitado da linguaxe son necesarias unha enorme cantidade de requisitos complementarios que contribúen á súa evolución. Por iso, nas sesións de estimulación... Tratamos de ter sempre un ratiño para actividades como esta! 😄👏
En que consiste?
A priori, o xogo é moi sinxelo: 4 xogadores, onde se establecen grupos de 2 persoas. Un é o guía, que vai saltando de cor en cor, e o seu compañeiro debera seguilo saltando ás mesmas cores.
Ademais, como regla establecemos que non se pode pisar o chan, debendo cooperar entre todos para non chocar.
Que aspectos traballamos?
Neste xogo se traballan múltiples contidos tales como:
- Funcións executivas: necesarias para regular e controlar a conduta (planificacion, razoamento...)
- Atención selectiva e sostida, debendo prestar atención soamente ás cores que vai pisando o compi asignado ata iniciar unha nova ronda.
- Motricidade global, como os saltos.
- Simetrías, debendo saltar á cor que está paralela á do seu compañeiro.
- Habilidades sociais: como a cooperación, o coñecemento e respeto das regresas sociais.
- Pragmática: tamén resulta fundamental o Uso Social da Linguaxe (verbal e non verbal) para comunicarse e colaborar entre todos, animar ao compañeiro/a ou por exemplo facer indicacións cando sexa necesario.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)