domingo, 31 de maio de 2020

SUXESTIÓNS 3 ANOS


NIVEL DE 3 ANOS
PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA.






Esta semana deixámosvos unha adaptación do conto “Margarida branca”, coas voces das vosas mestras titoras. Esperamos que o disfrutedes !!







Debemos ter en conta que na vida dos seres vivos é imprescindible a  auga e a luz do sol, ademáis dos amig@s!

MANUALIDADE: que vos parece usar a plastilina e facer as personaxes do conto?
- A Margarida Branca:











- O caracol Ramón:



- Unha abella, unha bolboreta, un vermiño…:







E coma sempre animámosvos a que nos enviedes fotos ao correo do cole: eei.marisma@edu.xunta.es co voso nome, que despois compartimos no blogue de Cokiña para que todos poidan ver que chulas vos quedaron.

Agora a disfrutar e a mover o voso corpo coas seguintes cancións de Bichikids:
- https://www.youtube.com/watch?v=WZ4HTMqkCBg
- https://www.youtube.com/watch?v=48TeKRPo7DI
Y La primavera llegó: https://www.youtube.com/watch?v=hbUro-BSJFc

Para traballar contidos matemáticos, a atención, a grafomotricidade e a lecto-escritura propoñémosvos as seguintes actividades para facer en papel (premede na imaxe para descargar):
     ATENCIÓN PAPÁS e MAMÁS! Nestas fichas podedes axudar a nenos e nenas a traballar a lecto-escritura axudándolles a escribir os nomes dos bichiños ou dalgunha das cousas que aparecen, poniendo en todas o seu nome,…

Recordámosvos que o fagan con letras maiúsculas.














     Agradecemos moito a participación dos que facedes as propostas e nos enviades a foto.
     Encántanos ver o moito que traballades e vervos a vós!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario